
Relevo
Asentado sobre un val tectónico formado por lousas paleozoicas con pequenas incrustacións de granito e este a súa vez, cuberto por amplos depósitos terciarios e cuaternarios (arxilas, areas, gravas... etc) pódense diferenciar no seu relevo tres unidades xeográficas: superficies aplanadas, depresións tectónicas e vales fluviais.
Dende o punto de vista xeomorfolóxico, sitúase dentro da meseta lucense, caracterizada pola súa chaira. Por iso, salvo algún outeiro residual, a súa altitude media é de 400 metros.
Os accidentes xeográficos que superan a citada media son:
| Monte Lourido (636 m) | Gaioso (Santo Tomé) |
| Cordal dos Penedos (636 m) | Vicinte (Santa María) |
| Cordal de Porriña (629 m) | Gaioso (Santo Tomé) |
| Pena de Rodas (613 m) | Gaioso (Santiago) |
| Cordal de Candas (605 m) | Candai (San Vicente) |
| Cordal do Penedo (579 m) | Gaioso (Santo Tomé) |
| Cordal de Penelas (566 m) | Bonxe (San Mamede) |
| Coto de Province (550 m) | Vicinte (Santa María) |
| Monte Queimado (539 m) | Aguiar (San Clodio) |
| Cordal Ardellal (539 m) | Mosteiro (O Salvador) |
| Castelo do Ferreiro (502 m) | Francos (Santiago) |
| Cordal Chinto (500 m) | Martul (San Pedro) |
| Cordal Acea (490 m) | Mosteiro (O Salvador) |
| Picato do Asiso (453 m) | Parada (San Xoán) |
| Alto de Parada (447 m) | Parada (San Xoán) |
| Cordal de Santa María (444 m) | Silvarrei (San Xoán) |
| Cordal tras As Rozas (435 m) | Silvarrei (San Xoán) |
| Montes do Agro de Escairos (434 m) | Folgueira (San Nicolás) |
| Agro de Paradela (400 m) | Santiago de Gaioso |
| Rozas do Cruceiro (400 m) | Taboi (San Pedro) |