> Poboación e Poboamento

A poboación do Municipio de Outeiro de Rei é, de acordo á última rectificación do censo de poboación da que temos datos desglosados efectuada polo Instituto Nacional de Estatística no 2010, de 4936 habitantes (2544 homes e 2392 mulleres). Esta poboación distribúese nas 166 aldeas que forman as 27 parroquias do Concello.

PARROQUIAS Nº ENTIDADES EXTENSIÓN KM² POBOACIÓN NO 2010
HOMES MULLERES TOTAL DENSIDADE
SAN LOURENZO DE AGUIAR (SAN LOURENZO) 4 4.3 59 51 110 25.58
SAN CLODIO DE AGUIAR ( SAN CLODIO) 2 1,9 21 25 46 24.21
ARCOS(S. PEDRO) 6 2,5 40 32 72 28.80
ASPAI (S. CIBRAO) 5 6,9 44 51 95 13.77
BONXE (S. MAMEDE) 9 6,2 179 133 312 50.32
CABOI (S. MARTIÑO) 4 2,5 40 51 91 36.40
CANDAI (S. VICENTE) 8 6,2 35 47 82 13.23
CASTELO DE REI (SAN SALVADOR) 3 1'9 43 41 84 44.21
CELA (STA. MARIA) 10 5,6 131 136 267 47.68
FOLGUEIRA (S. NICOLÁS) 4 4,3 25 24 49 11.40
FRANCOS (SANTIAGO) 3 8,5 41 29 70 8,24
SAN TOMÉ DE GAIOSO (SAN TOMÉ) 3 3,1 14 12 26 8.39
SANTIAGO DE GAIOSO (SANTIAGO) 6 3,6 90 77 167 46,39
GUILLAR (S. MARTIÑO) 12 4,3 441 377 818 190.23
MARTUL(S. PEDRO) 2 5,0 46 52 98 19.60
MATELA (STA, MARÍA MADANELA) 5 3,7 95 78 173 46.76
MOSTEIRO (SAN SALVADOR) 10 8,1 72 67 139 17.16
OUTEIRO DE REI (S. XOÁN) 5 3,2 273 305 578 180.63
SANTA MARIÑA (SANTA MARÍA) 5 2,5 45 51 96 38.40
PARADA (S. XOÁN) 7 6,9 50 38 88 12.75
SAN FIZ DE PAZ (SAN PEDRO FIZ) 12 8,7 101 80 181 20.80
ROBRA(S. PEDRO FIZ) 6 6,9 198 204 402 58.26
SILVARREI (S. XOÁN) 4 5,6 199 190 389 69.46
SOBRADA DE AGUIAR (STA. Mª MADANELA) 8 5 71 71 142 28.40
TABOI (S. PEDRO) 9 3,7 46 37 83 22.43
VICINTE (STA. MARÍA) 7 10,2 57 43 100 9.80
VILELA (SANTIAGO) 7 4,3 88 90 178 41.40
TOTAL 166 134 2544 2392 4936 36.84


> Distribución de efectivos demográficos por parroquias

A evolución demográfica de Outeiro de Rei ó longo do século XX obtémola a través dos padróns de habitantes (Arquivo Municipal) e doutras fontes bibliográficas que nos permiten observar dúas etapas claramente diferenciadas. Por unha parte, ata 1930, un crecemento practicamente constante da poboación, pero a partir de entonces a tendencia demográfica vólvese negativa.



> Evolución da Poboación de feito (1887 –­ 2007).

 1987  1900  1910  1920  1930  1940  1950  1960  1970  1981  1991  1996  2001  2006  2007
 5571  5903  5851  5829  6255  6037  5795  6031  5097  5108  4135  4115  4320  4695  4979

Fonte: Instituto Galego de Estatística.



As causas deste descenso demográfico, a partir dos anos 30, débese a dous factores fundamentalmente: por unha parte ó crecemento vexetativo negativo durante estes anos, ó coincidir unhas taxas de natalidade máis baixas cás de mortalidade.

E, por outra banda, ó fenómeno da migración, especialmente incidente a partir dos anos 50, e do proceso industrializador que xerou unha importante demanda de man de obra. Así atopamos nestes anos centrais do século XX a saída de veciños do municipio en busca de traballo. Nun primeiro momento fundamentalmente cara a América Latina, máis tarde rumbo a Centroeuropa e nos últimos tempos, cara ás cidades máis importantes de Galicia, este fenómeno migratorio diminuíu notablemente nos últimos anos do século XX e primeiros do século XXI.

Como remate deste capítulo, sinalar que esta tendencia negativa parece que se estancou ó entrar no novo século. Así, se analizamos a evolución demográfica a partir do Padrón do ano 1996, observamos un paulatino crecemento da poboación; feito que contrasta coa evolución demográfica da maioría dos municipios, e non só desta provincia, que seguen a perder efectivos demográficos.

Esta tendencia demográfica positiva está a ser continua dende o ano 1996 (4115 hab.) ao ano 2002 (4333 hab.). A partir deste último ano a poboación empezou a aumentar. Foron 4428 habitantes no 2003, 4528 no 2004, 4645 no 2005, 4695 no 2006 e 4979 no 2007.

Algo explicable en primeiro lugar polo xa mencionado descenso do fenómeno migratorio ó que debemos engadir a presenza de inmigrantes no Concello (desta e doutras provincias de España, así como do estranxeiro) sen esquece-lo cambio de mentalidade da poboación, xurdindo un novo gusto pola tranquilidade do mundo rural fronte ó urbano, sen renunciar ás comodidades que este último ofrece, sendo Outeiro de Rei un municipio onde se están asentando moitas familias que buscan calidade de vida nas proximidades á cidade de Lugo.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet