> Vilela (Santiago)
Imagen Parroquia do arciprestado de Aguiar, provincia e diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Castelo e Ribeiras de Lea (N.); San Lourenzo de Aguiar e Bonxe (S.); Sobrada (LE.) e Folgueira (OE.); dista 4,8 km. da capital municipal.




Presenta 165 veciños distribuídos en 7 aldeas:
- As Cavadas (39 veciños)
- A Laciana (10 veciños)
- A Saleta (22 veciños)
- Veigadolga (4 veciños)
- Vilela Grande (13 veciños)
- Vilela Pequena (68 veciños)
- O Fin (9 veciños)

Dependente da súa xurisdición, o anexo O Salvador de Castelo, está bañada polo arroio de Carballosa e alcanza unha altitude máxima de 400 m.

Ademais da igrexa parroquial de Vilela, na cal podemos atopar tallas populares do s. XVI e XIX, podemos destacala presenza de dous cruceiros de recente creación; un en Vilela Pequena (1945) e outro de Vilela Grande, feito polo escultor Mallo en 1982.

> Festividades:

O primeiro domingo de maio (entre o 4 e o 11) celébrase o San Isidro.
Antigamente festexábase tamén no día de Santiago, o Santiago Apóstolo.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .