
Vicinte (Santa María)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Narla e a diocese e provincia de Lugo. Anexa ás parroquias de Candai (N.), Outeiro e Vilalvite (S.), Aspai e Parada (LE.), Cotá e Ousá (OE.); dista 8,7 km. da capital municipal.
Presenta 101 veciños distribuídos en 7 barrios:
- Bravos (31 veciños) - Bustelo (9 veciños) - As Carballeiras (18 veciños) - A Insua (4 veciños) |
- Sancroio (3 veciños) - Vicinte (26 veciños) - Vilarelle (10 veciños) |
Os principais accidentes xeográficos de Vicinte son o Coto de Province (550 m.) e o arroio de Province.
En canto ó patrimonio histórico-artístico localizado no seu termo, cómpre resaltar un castro localizado na aldea de Vicente, así como a Capela de Bravos, de orixe románico rural, preto da cal, de acordo ó "Boletín da Comisión de monumentos de Lugo" (Tomo VII) sobresae dunha pena firme unha sepultura tallada na mesma pedra.
En Vicinte, e máis concretamente en Bravos, atopamos tamén un
Centro de Interpretación de Avifauna 982 242 053 /
www.avifauna.net, que permite ó visitante, facer un interesante percorrido polo mundo das aves.
Festividades:
O 13 de maio celébrase unha festa en honor á Virxe de Fátima.
Antigamente festexábase tamén o 18 decembro a Nosa Señora de Vicinte e no entroido o Santo Anxel.