> Sobrada de Aguiar (Santa María Madanela)
Imagen Parroquia pertencente ó arciprestado de A Terra Chá, diocese de Mondoñedo - Ferrol, provincia de Lugo. Anexa ás parroquias de Ribeiras de Lea (N.), San Lourenzo de Aguiar e Arcos (S.), Ribeiras de Lea, Duarría e Arcos (LE.) e Vilela, San Lourenzo de Aguiar e Ribeiras de Lea (OE.); dista 6,5 km. da capital municipal.



Presenta 138 veciños distribuídos nos 8 barrios nos que se divide a citada parroquia:
- Cancela (11 veciños)
- A Carreira Vella (22 veciños)
- Curutin (35 veciños)
- Gabin (8 veciños)
- Faxilde (23 veciños)
- Laxe (7 veciños)
- Piñeiro (20 veciños)
- A Torre (12 veciños)

Bañada polos arroios de O Corvo e As Bullas, alcanza unha altitude máxima de 420 m.

Entre os vestixios históricos localizados no seu termo compre resaltar un Castro coñecido polos veciños como "O Castro de Riazás" está situado nunha finca de propiedade privada; de acordo a tradición popular uníase á famosa Torre de Sobrada, a través dunha galería subterránea. Esta torre, derrubada polos irmandiños no 1467, foi construída no século XV por Fernán Pérez de Ribadeneira sobre unha edificación anterior nunha ladeira que domina Castro Ribeiras de Lea e Aguiar. A uns metros da mesma atópase a Casa señorial de Sobrada con escudo cuartelado con armas de Andrade, Aguiar e Ribadeneira (hoxe no Museo Provincial de Lugo).

> Festividades:

O domingo máis próximo ó 22 de xullo festéxase a "Virxe da Madanela".
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .