> Santa Mariña (Santa María)
Imagen Parroquia pertencente ó arciprestado de Aguiar e a diocese de Lugo. Delimitada por Cela e Rábade (N.), San Xoán de Outeiro de Rei (S.), Matela (LE.) e Caboi e Rábade (OE.).

Presenta unha superficie de 2,5 km² e, bañada polo río Miño, atravesan as súas terras a liña férrea Palencia - A Coruña e o "Camiño Real".



Conta cunha poboación de 99 veciños distribuídos en 5 barrios:
- Felpás (23 veciños)
- O Pedragoso (0 veciños)
- Santa Mariña (44 veciños)
- Sinoga (21 veciños)
- Guimarei (11 veciños)

Imagen Destaca-la importante concentración de mámoas que presenta o Monte de Santa Mariña (14/15) así como as catro casas señoriais que atopamos no seu termo: A Casa do Rei, con escudo de armas e pombal; a casa de Garrido, a casa de Abelleira e o Pazo de Mirapeixe; este último un dos máis antigos de Galicia, e orixe dun dos máis prestixiosos liñaxes lucenses: os Gayoso.

Dentro do seu patrimonio histórico-artístico podemos incluír tamén o achado dunha ara celta en Sinoga, así como a existencia dunha Ponte sobre o Miño, construída no século XVIII sobre outra de orixe medieval.

Esta parroquia, e tamén a de Cela, e recorrida en parte pola ruta "As Insuas do Miño", ruta que ó pé do río Miño percorre terras dos municipios de Rábade e Outeiro de Rei; de fácil percorrido e apenas 3 km de lonxitude, atravesa a "Insua de Abaixo" que situada na parroquia de Cela forma, xunto coa Insua de San Roque e a Insua de Trabanca, as chamadas "Insuas do Miño". Todas estas insuas atópanse na conca alta do río Miño, que no ano 2002 foi declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera "Terras do Miño".

> Festividades:

Festa en honor á Santa Mariña, celebrase o segundo domingo de xullo.
Antigamente o domingo seguinte ó 19 de San Xosé, celebrábase unha festa en honor ó citado Santo.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .