
San Fiz de Paz (San Pedro Fiz)

Parroquia do arciprestado de Aguiar e diocese de Lugo. Anexa a San Lourenzo de Aguiar, Arcos e Duarría (N.), Teixeiro e San Clodio de Aguiar (S.), Dumpín e Teixeiro (LE.) e Mosteiro (OE.); dista 6 km. da capital do municipio e, bañada polo arroio de Moreira, alcanza unha altitude máxima de 510 m.
Presenta 184 veciños organizados en 12 barrios:
- Abeladoira (1 veciños) - Agueiros (7 veciños) - O Castro (16 veciños) - Liñares (5 veciños) - Montemaior (7 veciños) - Paz (20 veciños) |
- Penadedra (39 veciños) - Porto de Vao (11 veciños) - Riasco (9 veciños) - Vilar (36 veciños) - Guimarás (4 veciños) - Xunto da Igrexa (29 veciños) |
Antigamente estivo baixo a xurisdición de Castro de Rei. Conta entre os seus vestixios históricos con dous castros: "O Castedo" e o "Castro de Montemaior", así como cunha capela chamada "da Natividade" en Penadedra a cal aparece xunto a un peto de ánimas e unha cruz de pedra.
De acordo á bibliografía consultada tamén debemos citar unha cámara sepulcral soterrada cun corredor de acceso rodeado de grandes pedras, hoxe desaparecida.
Festividades:
O primeiro domingo de setembro celébrase a festa en honor á Virxe do Carme.
O domingo seguinte ó 8 de setembro festéxase na capela de Penadedra unha festa en honor á Virxe dos Remedios.
En vésperas da festa da Virxe do Carme, celébrase agora o San Antonio, e no mes de xuño (un domingo entorno ó día 13) hai misas durante toda a mañá na honra da Virxe de Fátima.