> Parada (San Xoán)
Imagen Parroquia do arciprestado de Narla e da provincia de Lugo. Anexa ás parroquias de Martul (N.), Camoira e Ombreiro (S.), Guillar e Robra (LE.) e Aspai e Vicinte (OE.); dista 6,6 km. da capital municipal e atravesan as súas terras os ríos Ladra e Narla, sendo os puntos onde alcanza maior altitude o Picato do Asno (453 m.) e o Alto de Parada (447 m.).



Presenta 77 veciños distribuídos en 7 barrios:
- Gondai (26 veciños)
- As Latas (1 veciños)
- Parada (14 veciños)
- O Pazo (26 veciños)
- San Paio (1 veciños)
- Seivane (7 veciños)
- Pascuais (2 veciños)

Imagen
A primeira mención desta parroquia atopámo-la no testamento maior de Odoario (ano 747). -Villa Parata cum ecclesia sancti Inhoanis constipata de familia mea pro suis terminis ab integro-. E posteriormente cítase a súa igrexa en varios inventarios de bens da catedral de Lugo, así como nun privilexio de Alfonso III (ano 897), o chamado Caelicolae.

Como vestixios históricos debemos resalta-lo conxunto de 10 mámoas localizadas no seu monte, xunto ás que se atopou un menhir gravado. Tamén na canteira de pedra "Penas de Raposo", hoxe pechada, apareceu unha alabarda de sílex do período megalítico. Os castros de "As Croas" e "Sampaio", así como as casas señoriais de Gondai e Sampaio (do século XVII e reformada en 1856) son outros exemplos da respectable antigüidade desta parroquia.

Imagen Nesta parroquia situase a Ponte Colgante de Parada que da acceso á Insua de Seivane tamén coñecida como Insua de Arriba onde se atopa unha pequena área recreativa e un refuxio de pescadores.

Existe tamén unha Casa de turismo Rural: "Lugar de Pascuais" 982 393 552 / www.lugardepascuais.com

> Festividades:

Celébrase no mes de xuño unha festa en honor a San Xoán.
Antigamente o 19 de marzo festexábase o San Xosé.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .