
Outeiro de Rei (San Xoán)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Aguiar, provincia e diocese de Lugo. Anexa ás parroquias de Santa María (N.), Bonxe (LE.), Robra (S.) e Caboi e Martul (OE.); presenta unha extensión de 3,2 km².
Conta con 511 veciños distribuídos nos cinco barrios nos que se divide a citada parroquia:
- Barciela (21 veciños) - Outeiro de Rei (320 veciños) |
- Santa Isabel (11 veciños) - Cantón (136 veciños) |
- A Palloza (23 veciños) |
Alcanza a súa máxima altitude no barrio de Outeiro de Rei (414 m.) e, bañada polo arroio de Barciela, nela conflúen os ríos Miño e Ladra nun lugar de gran beleza paisaxística que recibe o nome de
"Campo de Santa Isabel" ou "As Veigas", e que é empregado como lugar de espallamento e baño por persoas deste e outros municipios.
 |
 |
| Campo de Santa Isabel |
Campo de Santa Isabel |
A
capital de Concello, á cal se lle outorgou o título de
vila durante a Idade Moderna, estivo baixo a xurisdición do Conde de Lemos, Trastámara e Sarria dende o ano 1360, cando mediante privilexio de Pedro I fíxose mercé ó seu alférez maior, Fernando de Castro, desta e outras posesións. A pesar de que durante 150 anos, aproximadamente, a vila pasou por diversas mans: Fadrique de Aragón, Gutierre de Quijada, Pedro de Luna…etc, no ano 1501 reintegrouse ó patrimonio da casa de Lemos mediante privilexio da raíña Isabel A Católica.
Do seu patrimonio histórico-artístico compre destaca-la chamada Casa-forte de Outeiro de Rei, tamén chamada "da señorita", fundada polo conde O´Kelly é derivación, para moitos, dunha importante torre medieval. Así como o muíño e capela emprazados no Campo de Santa Isabel.
Loxicamente ó estar a capital municipal nesta parroquia, encontramos unha maior concentración de servizos. En primeiro lugar a Casa do Concello, un edificio tradicional de dúas plantas, con porta de acceso de dintel de arco de medio punto, balcón de ferro e frontón cornixa, cun frontis triangular onde se distingue o escudo do Municipio.
Podemos citar tamén o Colexio de Educación Infantil e Primaria Laverde Ruiz, a Casa da Cultura onde se atopa a Biblioteca Municipal, un P.A.C., un Centro de Saúde, unha residencia de anciáns privada "Residencial Carlos IV", unha farmacia, un supermercado, unha mercería, unha oficina de correos, o Xulgado de Paz, unha oficina bancaria de "Caixa Rural" de Lugo, o hostal-restaurante "Soborvila", e outros varios establecementos máis de hostalería...
Proximamente poñerase en marcha unha gardería municipal.
Festividades:
Celébrase durante tres días no mes de xullo unha festa en honor á súa patroa, Santa Isabel. É unha festa de tradición e que goza de recoñecido prestixio na zona.
Antigamente festexábase tamén o San Blás (en febreiro).
|
 |
| |
CEIP Laverde Ruíz |