
Mosteiro (O Salvador)

Parroquia do arciprestado de Aguiar, diocese e provincia de Lugo. Delimitada polas parroquias de Silvarrei (OE.), Bonxe e San Lourenzo de Aguiar (N.), Paz e San Clodio (LE.) e polo Concello de Lugo (S.); dista 4,5 km. da capital municipal.
Presenta 133 habitantes distribuídos en 10 aldeas:
- Carballido (13 veciños) - Couso (8 veciños) - Felmil (8 veciños) - Ferreira (12 veciños) - O Granxo (14 veciños) |
- O Hedrado (10 veciños) - Maceda (39 veciños) - Outón (18 veciños) - Casa do Monte (6 veciños) - Carballido de Arriba (5 veciños) |
Baña as súas terras o arroio O Pazo, e os seus principais accidentes xeográficos son: o Cordal Acea (490 m.) e o Cordal Ardellal (539 m.).
En canto o patrimonio histórico-arqueolóxico localizado nesta parroquia, podemos falar da existencia dun cruceiro, hoxe desaparecido no lugar chamado "Campo do cruceiro". Así mesmo, atopamos unha casa con escudo de armas en Couso.
Festividades:
O último fin de semana de agosto celébrase o San Salvador.
Antigamente tamén festexábase a Virxe do Rosario (en outubro).