> Matela (Sta. María Madanela)
Imagen Parroquia do arciprestado de Aguiar e da diocese e provincia de Lugo. Delimitada por Cela e Folgueira polo Norte, Bonxe polo Leste, San Xoán de Outeiro de Rei polo Sur, e Santa Mariña e o Concello de Rábade polo Oeste; a súa igrexa dista 3,4 km. da capital municipal.





Presenta 171 habitantes distribuídos nos 5 barrios nos que se divide a parroquia:
- Albarón (35 veciños)
- Malde (7 veciños)
- Matela (79 veciños)
- A Granda Pequena (8 veciños)
- As Rozas (42 veciños)

O seu principal accidente xeográfico é o Rego Pedregoso, que atravesa as súas terras, as cales non superan unha altitude de 300 m.

A primeira referencia bibliográfica da citada parroquia atopámola nun documento do arquivo catedralicio de Lugo con data de 30 de xuño de 984 no que aparece mencionada a "villa Matela".

Dentro do seu termo atopamos preto da aldea de Albarón un conxunto de mámoas, moitas delas hoxe desaparecidas, ben polos traballos agrícolas, construción de camiños...etc, así como un cruceiro (sen data de fabricación).

> Festividades:

Festa en honor a Santa Lucía e Santa Madanela o segundo ou terceiro domingo de xuño.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .