
Guillar (San Martiño)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Coutos da Esquerda e á provincia e diocese de Lugo. Anexa á parroquia de Robra (N.), Parada (OE.), Silvarrei (LE.) e ó Concello de Lugo (S.); o seu templo parroquial dista 4,6 km. da capital municipal.
Presenta 790 veciños distribuídos en 12 barrios:
- Buxán (60 veciños) - O Castro (66 veciños) - Guillar (37 veciños) - Matelos (27 veciños) - San Martiño (22 veciños) - Marcelle (29 veciños) |
- O Salete (57 veciños) - Os Alargos (60 veciños) - Cupeiro (42 veciños) - A Ponte Nova (18 veciños) - Urbanización Os Alargos (185 veciños) - Urbanización O Salete (187 veciños) |
Cunha extensión de 4,3 km2, bañan as súas terras o río Miño, o Santa Marta e o arroio Piñeiro.
En canto o patrimonio histórico-arqueolóxico compre destaca-lo Castro de Tourón, sito preto da aldea de O Castro, é un dos máis importantes do Concello polos achados localizados nel, non só castrexos senón tamén romanos: muíños de pedra, vasillas, machadas…etc; dous cruceiros, un do ano 1840 e outro de 1896, así como o pombal de Guillar, cualificado na Enciclopedia Galega como un dos máis fermosos de Galicia.
No seu termo atopamos varios establecementos de hostalería, entre eles: Restaurante - Parrillada "Illán", o "Mesón González" así como un fermoso parque denominado "Marcelle Natureza" (982 160 211,
www.marcellenatureza.com). Sobre 20 Has. de terreo danse cita gran variedade de aves e mamíferos (avestruces, bisontes, canguros, cervos de Birmania, llamas, renos, etc). Completan a súas instalacións un merendeiro, un restaurante e unha tenda de agasallos.
Festividades:
Ata hai uns 30 anos, celebrábase o San Martiño (o 11 de novembro).
Actualmente festéxase o San Antonio e a Virxe do Rosario o segundo domingo de xuño.