
Folgueira (San Nicolás)

Parroquia do arciprestado de Aguiar e diocese e provincia de Lugo. Delimita con Taboi e Cela (N.), Matela e Bonxe (S.), Castelo e Vilela (LE.) e Rábade (OE.).
Presenta unha poboación de 51 veciños distribuídos en 4 barrios:
- Barrio de Abaixo (14 veciños) - Barrio de Arriba (13 veciños) |
- Espiñeiro (12 veciños) - O Pozo (12 veciños) |
Esta parroquia, cunha altitude máxima de 434 m. que se alcanza nos Montes de Agro de Escairos, dista 4,1 km. da capital do Concello e regan as súas terras o Miño e os seus afluentes, o Pedragoso e O Regueiro.
Festividades:
Festa en honor a San Nicolás a finais de abril.
Antigamente celebrábase o San Antonio en xaneiro.