> Cela (Santa María)
Imagen Parroquia do arciprestado de Aguiar e da diocese de Lugo. Delimitada polo Concello de Cospeito (N.) e polo de Rábade (OE.); ademais de polas parroquias de Taboi (LE.) e Folgueira e Matela (S.).

Presenta 257 habitantes distribuídos en 10 barrios:
- A Casanova (6 veciños)
- Fompedriña (20 veciños)
- Formistán (14 veciños)
- As Hortas (24 veciños)
- Meidonín (47 veciños)
- Quintián (17 veciños)
- O Regueiro (9 veciños)
- Trabanca (27 veciños)
- Veiguicela (48 veciños)
- Ver (45 veciños)

Imagen Bañada polo río Miño e o arroio Regueiro, destaca a presenza no seu termo da Insua máis extensa do Concello, a Insua de San Roque, á cal na antigüidade levábase a pacer ó gando que era transportado en barcas, chegando a xuntarse neses tempos ata 50 embarcacións; así como dun cruceiro no barrio de Meidonín, que de acordo a inscrición do seu fuste foi construído en 1885.

O pasado histórico de Cela remóntase, se tomamos como fonte historiográfica o "Argos Divina" de Pallares y Gayoso, á época da dominación romana, tempo no que, de acordo ó exposto por este autor, a parroquia recibirá o nome de "Aguas Celenas". Xa na Reconquista da provincia, realizada polo bispo Odoario ós árabes, Cela foi o lugar elixido para iniciar esta tarefa, grazas o seu valor estratéxico.

Unha torre sita no seu territorio e construída polo Mariscal Pardo de Cela foi derrubada durante a guerra dos irmandiños, sendo o único vestixio do seu pasado señorial o chamado Pazo de Cela, con escudo de armas, sito en Fompedriña.

> Festividades:

Festa en honor á Virxe da Ascensión (o 15 de agosto). Antigamente festexábase tamén o San Benito e o San Roque.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .