
Castelo de Rei (San Salvador)

Parroquia do arciprestado de Aguiar e a diocese de Lugo. Anexa a Ribeiras de Lea polo Norte e o Leste, e as parroquias de Taboi (OE.), Vilela e Folgueira (S.); a súa igrexa parroquial dista 5 km. da capital do Concello.
Conta con 83 habitantes distribuídos en tres barrios:
- Castelo (53 veciños)
- As Reboleiras (21 veciños)
- Bieite (9 veciños)
E baña as súas terras o arroio de Carballosa.
Do seu pasado señorial queda en pé a Casa Grande dos Andrade (s. XVIII) con escudo de armas e capela.
Destacar tamén en Castelo a presenza dunha carballa coñecida como "Carballa de Froilán" (árbore centenaria) que segundo a tradición popular ó ser oca por dentro foi empregada na época do racionamento para agachar alimentos no seu interior. [Fonte: Estudio do Medio do Concello de Outeiro de Rei, 1999].
Festividades:
O último domingo de agosto celébrase o San Salvador.
Antigamente celebrábase tamén A Candelaria (o 2 de febreiro).