
Caboi (San Martiño)

Parroquia incluída no arciprestado de Aguiar e na diocese de Lugo. Delimitada polo Concello de Rábade polo Norte, e polas parroquias de Francos (OE.), Martul (S.) e San Xoán de Outeiro de Rei e Santa Mariña (LE.); dista 3 km. da capital do Municipio e regan o seu termo o río Ladra e o Miño.
Conta con 88 habitantes distribuídos nas 4 aldeas nas que se organiza a citada parroquia:
- Astaríz (51 veciños) - Caboi (4 veciños) |
- Fontela (27 veciños) - O Mato (6 veciños) |
De acordo ás fontes bibliográficas consultadas, como por exemplo: o "Inventario del Patrimonio artístico de España: Lugo y su Provincia" debemos destacar que a aldea de Astaríz ostentaba na época sueva o título de "Coto Real" e gobernábase con autoridades propias. Xa na época medieval esta parroquia debeu ser unha fortaleza, xa que aínda se poden apreciar nalgúns lugares, restos das murallas e foxos que a rodearon naqueles tempos; e ademais temos noticias da existencia dunha torre, hoxe desaparecida. Outra proba do seu señorío e nobreza é a Casa de Prado, con pedra de armas na fachada.
Festividades:
Festa en honor á Virxe do Socorro o primeiro fin de semana de xuño.
Tamén se celebraba o San Martiño (11 de novembro).