> Bonxe (San Mamede)
Imagen Parroquia pertencente ó arciprestado de Aguiar e a diocese de Lugo. Anexa ás parroquias de Matela, Folgueira e Vilela (Norte); San Lourenzo de Aguiar (Leste), Mosteiro, Silvarrei e Robra (Sur), Outeiro de Rei, San Xoán e Santa Mariña (Oeste); a súa igrexa parroquial dista 3 km. da capital municipal.



Presenta 253 habitantes distribuídos en 9 barrios:
- Bouzas (19 veciños)
- Caxigal (37 veciños)
- Eirexe (19 veciños)
- Restriz (15 veciños)
- A Subida (22 veciños)
- Veiga (90 veciños)
- Vigo (14 veciños)
- O Granxo (17 veciños)
- As Lombas (20 veciños)

Imagen Esta parroquia, bañada polo arroio de Os Tollos e co seu punto máis alto no Cordal de Penelas (566 m.) é atravesada pola liña de ferrocarril A Coruña - Palencia, e nela sitúase o "Centro Penitenciario de Bonxe", así como o "Club de Campo e Tiro" equipado con dúas piscinas, foxos de tiro, catro canchas de tenis, un campo de fútbol e cafetería, ademais dunha casa de comidas localizada no barrio de Montevello. Pero se por algo ten fama en toda Galicia esta parroquia é pola súa cerámica, a OLERÍA DE BONXE a cal, fabricada dun xeito tradicional, é unha das catro cerámicas ancestrais que restan en toda Galicia.

> Festividades:

Romaxe en honor á Virxe do Rosario a finais de setembro.
Festa en honor a San Mamede o fin de semana que coincide entre o 15 e o 22 de agosto.
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .