
Aspai (San Cibrao)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Narla e a diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Francos (N.), Candai (OE.), Vicinte e Parada (S.) e Martul (LE.).
Conta con 96 habitantes distribuídos en 5 barrios:
- Aspai (55 veciños) - O Carballal (8 veciños) - A Laxe (1 veciño) |
- Province (19 veciños) - Sta. Comba (13 veciños) |
Esta parroquia, destacada por ser unha boa zona de pedra granito, alcanza a súa máxima altitude no lugar do Couto de Province (550 m.) e bañan as súas terras os ríos Anoio e Portoprés, así como o arroio Province.
Da súa riqueza arqueolóxica cómpre destaca-la abundante concentración de mámoas (un grupo de 10 - 11 sitas no citado Coto de Province; así como o Castro de Candai, emprazado nos límites entre as parroquias de Candai e Aspai; e, por último, o cruceiro de Santa Comba construído no ano 1897.
Festividades:
O 16 e 17 de setembro en honor a San Cibrao.
Antigamente celebrábanse dúas festas máis:
- A festa dos mozos (o 1 de marzo, día do Anxel)
- A festa das mozas (o 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción).