
Arcos (San Pedro)

Parroquia incluída baixo o arciprestado de Aguiar e a diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Sobrada (N.), San Lourenzo de Aguiar (OE.), Paz (S.) e polo Concello de Castro de Rei polo Leste.
Presenta 67 habitantes organizados en 6 aldeas nas que se divide a citada parroquia:
- Bullas (24 veciños) - A Cabana (10 veciños) - O Cruceiro (14 veciños) |
- O Pecouzo (7 veciños) - A Torre (9 veciños) - O Bidral (3 veciños) |
Terra chaira, non supera os 400 m. de altitude media, posúe canteiras de granito e area; bañan os seu termo o arroio de Bullas.
Como vestixios prehistóricos atopámonos cun grupo de 7 - 8 mámoas localizadas preto da aldea de Bullas, de acordo ó estudio realizado por Xoán F. Núñez e Laura Rodríguez Varela "Arqueología de Outeiro de Rei: mámoas e outros restos" publicada na revista Croa, nº 5 (1995).
O esplendor que viviu o Concello na Idade Media, plásmase nesta parroquia ca presenza de dúas casas señoriais: o Pazo de Miraz (hoxe dedicado a casa de labranza) e a Casa-Torre de Arcos, hoxe desaparecida e da que só temos noticia a través das fontes bibliográficas.
Por último destacar a presenza de dous cruceiros; un deles do ano 1883.
Festividades:
Festa en honor á Virxe das Angustias, celébrase o fin de semana coincidente ou posterior ó día 14 de setembro. Neste día venérase tamén o Santo Ecce Homo.