
Aguiar (San Clodio)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Aguiar e a provincia e diocese de Lugo. Delimitada polas parroquias de Paz polo Norte e Leste; Mosteiro polo Oeste e Mazoi e Benade polo Sur, alcanza a súa máxima altitude no Monte Queimado (539 m.), bañando as súas terras o arroio de Balsa.
Conta cunha poboación de 47 habitantes organizados en dous barrios:
- A Balsa (13 veciños)
- San Clodio (34 veciños)
Existen dúas canteiras, hoxe abandonadas e en distintos lugares de Aguiar xorden rocas graníticas que constitúen paisaxes de singular beleza, entre elas hai unha preto da igrexa parroquial chamada -Pena do Viso- que deu orixe a varias lendas entre os campesiños.
Festividades:
Antigamente celebrábase unha festa en honor a San Clodio o segundo domingo de maio.