ACTIVIDADES DE INVERNO 2011-2012
|
A TER EN CONTA
- As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas neste Concello con respecto ás de fóra.
- A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda existente .
- É preciso inscribirse nas actividades que se queiran realizar. O prazo permanecerá aberto do 21 de outubro ao 4 de novembro.
- Poden obter máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, en horario de oficina (de 9:00 a 14:30h) ou chamando ó teléfono 982 393 408.
- O abono da matrícula nos cursos será de 10 € ata os 18 anos e 20 € de 19 anos en adiante, agás os que xa teñan un custo específico pola actividade.
As persoas de fóra do concello aboarán 20€ a maiores da cota marcada para os empadroados en Outeiro de Rei.
AS ACTIVIDADES ABOARANSE DENTRO DO PRAZO DE INSCRICIÓN
|
 |