> Actualidade

26/12/2017 09:38

> FESTA DE REIS EN OUTEIRO DE REI

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas do Nadal organiza para o día 5 de xaneiro  a tradicional Festa de Reis,  que dará comezo ás 18:00 h da tarde  coa  actuación do Mago Óscar Bello no Salón de Actos da Casa da Cultura; ao  remate desta actuación, sobre as 19:00 h  terá lugar unha festa- merenda con roscón, gominolas e outras lambetadas  á que están convidados  todos os nenos e nenas do municipio e que se realizará o Pavillón de deportes municipal.

Posteriormente, sobre as  19:30 h  terá lugar a  Cabalgata de Reis que comezará  visitando ás persoas maiores na Residencia ( Geriatros Lugo-Outeiro de Rei) e posteriormente chegará ao pavillón municipal, para repartir  agasallos aos máis pequenos.

Os pais/nais que así o desexen poderán  levar os regalos dos seus fill@s  á Casa da Cultura ( xunto ao colexio)  a semana do 2 ao 5 de xaneiro  en horario de oficina e o mesmo día da celebración durante toda a mañá e de 16:30 h   a  19:00 h  no pavillón municipal; regalos que serán entregados polos Reis na mencionada festa.

Pódese recibir máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 408.

> Descargar cartel



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .