> Actualidade

21/11/2017 14:36

> PRESENTADA NO CONCELLO A WEB DO PARQUE EMPRESARIAL DE OUTEIRO DE REI

Hoxe, o alcalde do Concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, e a arquitecta municipal, Gloria Trigo Mayor, presentaron a empresarios e propietarios de parcelas do Polígono Industrial de Outeiro de Rei a web do Parque Empresarial de Outeiro de Rei, unha nova  ferramenta coa que se quere dar maior visibilidade ás empresas que están asentadas no municipio e paralelamente difundir información relacionada co parque, como é a relativa ás parcelas ou naves que están á venda ou en aluguer no polígono industrial; igualmente, información actualizada sobre o planeamento e o parcelario.

A web xa está operativa polo que calquera persoa pode acceder á mesma a través do enderezo http://parqueempresarialouteiroderei.org ou tamén dende o banner do parque empresarial  que aparece na web municipal, http://www.outeiroderei.org/.











Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .