> Actualidade

21/11/2017 14:29

> MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS E DO EQUIPAMENTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei foi beneficiario dunha subvención ao abeiro da ORDE do 23 de maio de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2017 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), para o proxecto “Mellora das infraestruturas e do equipamento da escola infantil 0-3 municipal de Outeiro de Rei”.

O obxecto desta medida é conseguir unha educación de calidade. E como resultado da axuda concedida pola Consellería de Política Social, o Concello de Outeiro de Rei vai mellorar a cobertura escolar da poboación de 0 a 3 anos.

Con esta actuación preténdese mellorar a accesibilidade do patio exterior da EIM instalando un pavimento continuo. Por outra banda, para continuar coa integración das novas tecnoloxías na aula, vaise comprar un equipo multifunción.




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .