> Actualidade

26/10/2017 12:50

> MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE MATELA E NA CASA CONSISTORIAL

O Concello de Outeiro de Rei foi beneficiario dunha subvención ao abeiro da ORDE do 21 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014- 2020, anos 2016 e 2017, para o proxecto “Mellora da accesibilidade no Centro Sociocultural de Matela e na Casa Consistorial”.
Con esta actuación preténdese garantir a accesibilidade e eliminar barreiras arquitectónicas existentes no Centro Sociocultural de Matela e na Casa Consistorial. As actuacións subvencionadas no Centro Sociocultural de Matela consisten na colocación de proteccións exteriores (pasamáns de escaleira, de rampla, así como de baranda e rodapé no fronte da rampla) garantir a accesibilidade e a adecuación dun aseo accesible.

Por outra banda, na Casa Consistorial realizase a substitución da porta de entrada principal accesible, axustándose á normativa de accesibilidade vixente, cumprindo deste modo os obxectivos previstos para este financiamento.




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .