> Actualidade

19/06/2013 18:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PROMOVE A SOLICITUDE DUN OBRADOIRO DE EMPREGO.

O pasado 13 de xuño os alcaldes dos concellos de Abadín, Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei asinaron no Concello de Outeiro de Rei un convenio de colaboración para a a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a posta en marcha dun obradoiro de emprego.

No caso de obter a subvención solicitada, este obradoiro de emprego buscará mellorar a formación e ocupabilidade de 60 persoas desempregadas mediante a realización de obras de interese social que activen o desenvolvemento territorial.






Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .