> Actualidade

14/06/2013 13:00

> PRESENTADA A VII EDICIÓN DA FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

UNHA TIROLINA PARA RAPACES OU A EXHIBICIÓN CANINA DE AGILITY SON ALGUNHAS DAS NOVIDADES QUE INCLÚE O PROGRAMA DA VII EDICIÓN DA FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI, QUE FOI PRESENTADA POLO ALCALDE, JOSÉ PARDO LOMBAO, HOXE ÁS 11:00 h A DIFERENTES MEDIOS DE COMUNICACIÓN.











DATOS SOBRE A FEIRA:

  • TERÁ LUGAR O SÁBADO 06/07/2013,COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SANTA ISABEL. OS POSTOS ABRIRÁN OFICIALMENTE AO PÚBLICO EN HORARIO DE 12:00 h A 21:00 h.

  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 71 POSTOS DE ARTESANÍA E 13 DE ALIMENTACIÓN E ACTUALMENTE HAI UNHA IMPORTANTE LISTA DE ESPERA NA SECCIÓN DE ARTESANÍA.
NESTA SECCIÓN PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL , TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL, XABÓNS NATURAIS, XOGOS DE ENXEÑO, BIXUTERÍA, ILUSTRACIÓN, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE EMBUTIDOS, MARMELOS,ZUMES, QUEIXOS, DOCES, ACEITE , VIÑOS E LICORES, …
A FEIRA RECOLLE TAMÉN UNHA REPRESENTACIÓN DOS TRABALLOS QUE REALIZAN ENTIDADES DESTE MUNICIPIO COMO SON O CENTRO PENITENCIARIO DE BONXE E O RESIDENCIAL CARLOS IV.TAMÉN ESTÁ PREVISTA UNHA REPRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL “XERMOLOS” DE GUITIRIZ .
  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: AS CATRO OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA(BUÑO, SOBER, NIÑODAGUIA E BONXE) ESTARÁN PRESENTES NESTA VII EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS DUN FERREIRO, VARIOS CESTEIROS, UN LUTHIER…
  • PARALELAMENTE, A PARTIR DAS 12:00 h ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS GRATUÍTOS DIRIXIDOS A NEN@S E RAPACES PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:
  • UN DE BARRO, QUE SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS E QUE SERÁ GUIADO POR ELES MESMOS
  • NO CAMPO DE SANTA ISABEL HABERÁ UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE DE FANTASÍA, OUTRO DE ELABORACIÓN DE PINS, OUTRO DE PINTURA DESTINADO Á REALIZACIÓN DUN GRAN MURAL, OUTRO DE TEATRO E O TRADICIONAL OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES; TAMÉN ATOPAREMOS ALGÚN XOGO TRADICIONAL NA RÚA MANUEL MARÍA.
  • TAMÉN NO CAMPO DE SANTA ISABEL , INSTALARASE POR PRIMEIRA VEZ UNHA TIROLINA.

  • DURANTE A XORNADA ESTARÁ ABERTA AO PÚBLICO, AO CARÓN DA CASA CONSISTORIAL , UNHA EXPOSICIÓN DE ESCULTURA EN MADEIRA QUE MOSTRARÁ TRABALLOS REALIZADOS POR AMADOR PUENTE RICO, VECIÑO DA PARROQUIA DE S. FÉLIX DE PAZ (OUTEIRO DE REI).
  • PARA ESTE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 12:45 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA; ÁS 13:30 h SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL PENAS DE RODAS QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLES ÁS 12:00 DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL.
  • A PARTIR DAS 13: 00h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO, ESTÁ PREVISTA UNHA DEMOSTRACIÓN DE TRABALLOS FORESTAIS CON MOTOSERRA A CARGO DA EMPRESA ENTREFOR SC QUE REALIZARÁ PEQUENAS FIGURAS E BANCOS UTILIZANDO ESTA FERRAMENTA, FIGURAS QUE SERÁN REPARTIDAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE. TAMÉN REALIZARÁ CHARLAS EXPLICATIVAS SOBRE A SEGURIDADE NOS TRABALLOS FORESTAIS: OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL, AS MOTOSERRAS SEGURAS, TÉCNICAS DE TRABALLO, O LIMADO DUNHA MOTOSERRA. MOSTRARÁ UNHA PODA DE ÁRBORES E O USO DE CORDAS, ENSINANDO INCLUSO A FACER NÓS. FINALMENTE, SOBRE AS 19:30h FARÁ UNHA CORTA DIRIXIDA CO EMPREGO DUN POLIPASTO, FERRAMENTA QUE PERMITE MULTIPLICAR A FORZA DE CALQUERA PERSOA POR TRES.
  • IGUALMENTE, A PARTIR DAS 13:00 h, NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS.
  • COMO NAS PASADAS EDICIÓNS HABERÁ A POSIBILIDADE DE XANTAR A PARTIR DAS 13:30 h NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA OU NO PROPIO CAMPO.
  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O MUSEO DA RADIO LOCALIZADO NA CASA DE TURISMO RURAL RIO LADRA, O CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE FRANCOS E O SALTO DO PIAGO NA PARROQUIA DE ROBRA.AS PRAZAS SON LIMITADAS E PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.
  • ÁS 18:45 h, NAS INMEDIACIÓNS DA CAPELA DE SANTA ISABEL HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN CANINA DE AGILITY A CARGO DA ASOCIACIÓN CANINA ESMORGA.
  • AO IGUAL QUE NA PASADA EDICIÓN REALIZARASE UN SORTEO DE 5 VALES DE 100 € CADA UN DELES PARA CONSUMIR EN ESTABLECEMENTOS DE OUTEIRO DE REI.
CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.
ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO AMPLO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, COA QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO E PROMOVENDO PARALELAMENTE O COMERCIO E ÁS EMPRESAS LOCAIS.
O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 20:15 h NA CASETA DO CONCELLO SITUADA NAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL . PÓDENSE CONSULTAR AS BASES EN www.outeiroderei.org
  • NA ZONA DOS OLEIROS HABERÁ A DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA , ATA ESGOTAR EXISTENCIAS, DUN PRATO REALIZADO NA OLARÍA DE BONXE CONMEMORATIVO DA FEIRA E QUE PORÁ SER RECOLLIDO NA ZONA DOS OLEIROS.
  • O PECHE DA FEIRA TERÁ LUGAR ÁS 21:00 h DANDO PASO POLA NOITE ÁS ACTUACIÓNS PREVISTAS CON MOTIVO DAS FESTAS DE SANTA ISABEL.
  • ESTE EVENTO ORGANIZADO POLO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI TEN CONCEDIDAS AXUDAS DA FUNDACIÓN CENTRO GALEGO DA ARTESANÍA E DO DESEÑO, DA SECRETARIA XERAL DE TURISMO, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO E DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

    Ver programa da feira



    Sorteo de vales de comida


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .