> Actualidade

04/06/2013 17:00

> O CONCELLO TEN ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS INICIATIVAS OUTEIRO MADRUGADOR E OUTEIRO TARDES

O Concello de Outeiro de Rei abríu o prazo de solicitude para poder participar durante o curso escolar 2013/2014 nas seguintes iniciativas incluídas dentro do programa municipal de conciliación familiar e apoio á educación:

  • OUTEIRO MADRUGADOR e OUTEIRO TARDES

Estas iniciativas están dirixidas a nenos/as a de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Laverde Ruiz e pretenden axudar aos pais/nais que traballan ou que por outras razóns necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos antes e/ou despois da xornada lectiva.

A iniciativa OUTEIRO MADRUGADOR funciona dende as 8:00h ata a entrada dos nen@s no colexio. A cota para poder beneficiarse deste servizo durante todo o curso escolar está establecida en 40€/anuais.

OUTEIRO TARDES é un servizo que funciona en horario de 16:00h a 20:00h; a cota para participar nesta iniciativa é de 15€/mes a aboar na primeira quincena do mes anterior (a excepción da cota de setembro que se paga en xuño).

Para ser usuario de calquera destas iniciativas é preciso realizar a inscrición e aboar as correspondentes cotas na biblioteca municipal de Outeiro de Rei en horario de 10:30h a 12:00h. O prazo permanecerá aberto ata o día 15 de xuño.

Este programa de conciliación familiar promovido polo Concello de Outeiro de Rei inclúe tamén a iniciativa Outeiro Lúdico. OUTEIRO LÚDICO é un servizo de atención infantil para nenos/as de Outeiro de Rei con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que ten por obxectivo favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos períodos correspondentes ás vacacións escolares de Nadal, S. Santa e verán (no mes de agosto condicionado ao que se di no seguinte parágrafo). O seu horario de funcionamento é de 8:00h a 15:00h e de 16:00a 19:00h (estes horarios poderán sufrir variacións en función da demanda que exista). Nesta actividade a cota a aboar é de 40€ anuais repartidos en 2 prazos. O primeiro a aboar no momento da inscrición (1ª quincena de novembro) e o 2º a aboar ata o 15 de xuño.

De existir demanda suficiente (deberase deixar constancia na biblioteca mpal. ata o 15 de xuño) este servizo tamén poderá funcionar en agosto; o custo e horario de funcionamento para este mes de agosto establecerase nunha reunión cos pais/nais interesados que terá lugar o 20/06/2013 ás 18:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.

Sempre que exista dispoñibilidade de praza poderanse incorporar novos usuarios a calquera destas iniciativas fóra dos prazos de inscrición previstos; nestes casos será preciso aboar a totalidade da cota anual establecida para a actividade a excepción da iniciativa OUTEIRO TARDES onde se pagará a mensualidade completa dende o primeiro mes de incorporación (con independencia da data na que se produza).



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .