> Actualidade

03/06/2013 12:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI RECIBE APROBACIÓN PARA A IMPARTICIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA

A Consellería de Traballo e Benestar aprobou a solicitude cursada polo Concello de Outeiro de Rei para a impartición do curso de formación do Plan AFD de AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRIA.

Este curso ten unha duración total de 318 h e está previsto que se inicie neste mes de xuño en horario de 9:00 h a 14:30 h.

As accións formativas do Plan AFD están dirixidas prioritariamente a persoas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, (as persoas interesadas en participar é conveniente que o manifesten á maior brevidade na Oficina de Emprego); non obstante, poderán participar tamén nos cursos ata un 25% de persoas ocupadas sendo preciso neste caso solicitalo persoalmente no Concello.

Pódese recibir máis información no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .