> Actualidade

31/05/2013 10:00

> RELACIÓN DE PREMIADOS NO SORTEO CELEBRADO NA MILAGROSA

O Concello de Outeiro de Rei estivo a pasada fin de semana no barrio lucense da Milagrosa con motivo da celebración no mesmo da Feira de Produtos do Campo e da Artesanía.

O último día da feira tivo lugar ás 19:15 h o sorteo de tres comidas para dúas persoas no establecemento de hostalería escollido polas mesmas. As persoas afortunadas foron as seguintes:

- JUAN LÓPEZ TRIGO que escolleu o restaurante MESÓN GONZÁLEZ e recolleu o premio de mans do alcalde de Outeiro de Rei, D. José Pardo Lombao.
- LETICIA LÓPEZ MONTERO que escolleu a casa de turismo rural REBOREDA DE ABAIXO.
- JOSÉ MEILÁN ONTANILLA, que escolleu a RAXERÍA A FONTE.

Este sorteo está patrocinado polo Concello de Outeiro de Rei co obxectivo de dar a coñecer a importante e atractiva oferta hostaleira deste municipio.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .