> Actualidade

23/05/2013 12:00

> OUTEIRO DE REI VISITA ESTA FIN DE SEMANA A MILAGROSA

Dende este venres e ata o 26 de maio, o Concello de Outeiro de Rei estará presente na feira de produtos do campo e da artesanía que terá lugar na Milagrosa.

A presencia do Concello de Outeiro de Rei nesta feira remontase a hai 12 anos e dende sempre o obxectivo fundamental que se persegue con esta participación é o de dar a coñecer a gran variedade de recursos turísticos e a variedade de posibilidades para o tempo de ocio deste municipio localizado a un paso do concello de Lugo.

Un bo exemplo de recurso é a artesanía, representada primordialmente pola cerámica de Bonxe pero con notable presencia doutros oficios artesanais como a cestería, a fabricación de instrumentos musicais ou a restauración de mobles; tamén hai que destacar os centros de natureza, en concreto, Avifauna e Marcelle Natureza,

O municipio ademais ofrece outras moitas posibilidades para gozar del como son as súas paisaxes con zonas xa emblemáticas como o Campo de Santa Isabel ou Penas de Rodas que non restan importancia a outros espazos de singular beleza como o Salto do Piago, a Ponte Colgante de Parada ou as Insuas de Cela. A isto hai que engadir as rutas de sendeirismo, Miradoiro da Terra Cha, Camiño do Miño ou a pequena ruta de As In suas do Miño.


Outro recurso importantísimo é o turismo rural, con tres fermosísimas casas que ademais de aloxamento ofrecen unha exquisita e variada gastronomía, que igualmente podemos degustar en varios establecementos máis de hostalería espallados pola xeografía municipal...

O derradeiro día da feira celebrarase ás 19:15 h na propia caseta do Concello o sorteo de 3 premios consistentes en tres comidas para dúas persoas no establecemento de hostalería escollido polas persoas afortunadas.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .