> Actualidade

21/12/2011 16:00

> INSTALADOS EN OUTEIRO DE REI OS CONTEDORES DESTINADOS Á RECOLLIDA DE ACEITE USADO

Dende hai uns días  os veciños e veciñas do municipio de Outeiro de Rei poden depositar o aceite vexetal de uso doméstico recollido nas súas casas nos contedores de cor laranxa instalados a tal efecto e situados nos seguintes lugares:

• OUTEIRO DE REI (Rúa do Concello)

• GUILLAR (no cruzamento da estrada do Piago coa de Guillar)

• FRANCOS (no campo da festa)

• MOSTEIRO (no cruzamento da estrada de Mosteiro coa que vai á igrexa)

• VILELA (no cruzamento da estrada de Castro coa que vai á igrexa)

Para facilitar o labor de recollida  remitiuse a todas as vivendas un embude acompañado dun folleto explicativo.
Os aceites que se poden depositar nos puntos de recollida son aceites de orixe vexetal utilizados en frituras e asados, os que estean estragados e tamén os aceites de alimentos envasados (sardiñas, atún…). Estes aceites deberán ser recollidos en botellas  baleiras  de plástico ou en garrafas de ata 5l que deberán ser introducidas perfectamente pechadas nos contedores .
Con esta iniciativa, o Concello de Outeiro de Rei continua traballando a prol do fomento da reciclaxe dos residuos xerados nos fogares o que permite coidar do medio ambiente ademais de reutilizar materiais para crear produtos novos cun menor custo ambiental.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .