> Actualidade

10/11/2011 16:00

> ENTREGA EN OUTEIRO DE REI DOS CERTIFICADOS DE DOUS CURSOS DE FORMACIÓN

Na mañá de hoxe tivo lugar na Casa Consistorial o acto de entrega de certificados acreditativos da formación acadada polos alumnos/as participantes nos cursos de formación ocupacional organizados polo Concello de Outeiro de Rei de TRABALLADOR FORESTAL e de AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA, finalizados ambos en datas recentes.

A entrega de certificados foi realizada polo alcalde, José Pardo Lombao , acompañado da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez.

Das trinta persoas que empezaron estes cursos, todas elas en situación de desemprego ao inicio dos mesmos, vintenove teñen dereito ao certificado de competencias e coñecementos adquiridos. Esta formación lles permite a todos eles estar nunhas mellores condicións á hora de atopar traballo; a data de hoxe 7 das persoas que participaron nestes cursos están traballando.

Ambas accións formativas foron subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar e están incluídas dentro do Plan AFD 2011.






Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .