> Actualidade

19/10/2011 11:00

> ESTE VENRES TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES DE INVERNO E O TRADICIONAL MAGOSTO.

O próximo venres día 21 de outubro terá lugar ás 21:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei a presentación das actividades culturais, deportivas e da Oficina de Información Xuvenil que está previsto se desenvolvan nos próximos meses.

Igualmente darase a coñecer o programa municipal de conciliación familiar e apoio á educación e o programa do servizo de prevención de drogodependencias, servizo este último compartido entre os Concellos de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.

Despois da presentación abrirase o prazo de solicitude nas actividades previstas e haberá o tradicional magosto na pista polideportiva do colexio amenizado polo dúo musical MERENGUE.


- CARTEL DO MAGOSTO 2011

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .