> Actualidade

07/10/2011 10:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN

O Concello de Outeiro de Rei abre ata o día 5 de novembro o prazo de solicitude de axudas dirixidas ás familias do municipio e destinadas á escolarización dos seus fillos.

Os interesados poderán presentar solicitude nas Oficinas Municipais, en días laborables en horario de 9 a 14 horas, acompañando á súa solicitude a seguinte documentación:

- Fotocopia do D.N.I. dos membros da unidade familiar.
- Libro de familia.
- Nóminas dos últimos tres meses.
- Recibo do INEM, no caso de estar percibindo prestación por desemprego.
- Última declaración da renda ou, no caso de non presentala, certificado negativo da delegación de economía e facenda.
- Certificado de pensión do Instituto Nacional de Seguridade Social, no caso de ser beneficiario de prestacións sociais.
- Certificado de estar ó corrente nas obrigas tributarias.
- Certificado do centro escolar no que conste matriculado o interesado.
- Facturas orixinais que acrediten o gasto realizado en material escolar.

Requisitos/Beneficiarios:
- Estar empadroados no Concello de Outeiro de Rei.
- Estar cursando estudos de educación infantil, ensino obrigatorio, Formación Profesional de primeiro grao ou bacharelato.
- Non obter axudas para o mesmo fin de outras administracións públicas.
A contía máxima xustificada por beneficiario non poderá superar a cantidade de 150 euros.
No caso de que os beneficiarios cursen estudios de Formación Profesional ou Bacharelato, a contía máxima xustificable será de 200 euros.

O nivel da renda anual máximo será trinta mil (30.000,00) euros para poder acceder a dita axuda.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .