> Actualidade

07/10/2011 10:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI RECIBE UNHA REPRODUCIÓN DA CASA DO CONCELLO

A pasada semana o alcalde do municipio, D. José Pardo Lombao, recibiu de mans de D. Luís Barja Freire, veciño da parroquia de Silvarrei, unha reprodución da Casa Consistorial que xa foi presentada ao público na pasada edición da feira da artesanía de Outeiro de Rei.

Moitas horas de traballo foron empregadas por este amante das reproducións a pequena escala para dar como froito unha bonita peza que reproduce con bastante fidelidade a Casa do Concello e na que este artista utilizou como materiais dominantes a pedra e a lousa aínda que a maioría dos traballos que fai están realizados en madeira.

Esta reprodución estará exposta na Casa Consistorial.







Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .