> Actualidade

30/05/2011 13:00

> RELACIÓN DE PREMIADOS NO SORTEO CELEBRADO NA MILAGROSA

Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei estivo promocionando os recursos e atractivos turísticos do municipio durante a pasada fin de semana no barrio lucense da Milagrosa con motivo da celebración no mesmo da Feira de Produtos do Campo e da Artesanía.

Onte, último día da feira, igual que todos os anos tivo lugar ás 19:15h o sorteo de tres comidas para dúas persoas no establecemento de hostalería escollido polas mesmas. As persoas afortunadas foron as seguintes:

- MARÍA OLIVA que escolleu o restaurante “MESÓN GONZÁLEZ”
- JOSÉ A. VÁZQUEZ GARCÍA que escolleu a casa de turismo rural "O LUGAR DE PASCUAIS".
- MODESTO FRADE DÍAZ, que irá comer á casa de turismo rural “RÍO LADRA”

Este sorteo está patrocinado polo Concello de Outeiro de Rei co obxectivo de dar a coñecer e promocionar a hostalería municipal.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .