> Actualidade

24/05/2011 13:00

> ESTA FIN DE SEMANA OUTEIRO DE REI ESTARÁ NOVAMENTE NA MILAGROSA

Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei visitará a Milagrosa coincidindo coa celebración da Feira da Artesanía e Produtos de Campo que anualmente celebra este barrio lucense.

Así os días 27, 28 e 29 de maio, as persoas que acudan á caseta municipal poderán recibir información sobre os recursos e atractivos turísticos do municipio e participar ademais no concurso de varias comidas en establecementos do municipio, concurso co que se pretende promocionar a importante oferta hostaleira de Outeiro de Rei.

Para esta ocasión o Concello estreará unha caseta de deseño que habitualmente estará situada nas proximidades da Casa Consistorial pero que tamén está previsto que poida ser desprazada para promocionar o municipio en diferentes eventos.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .