> Actualidade

05/05/2011 13:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA 5ª EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA

O Concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición da feira de artesanía que este ano terá lugar o sábado 2 de xullo, coincidindo coas festas patronais de Santa Isabel.

Como en anos anteriores dentro da feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo directamente no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 a 14:30h.

O Concello de Outeiro de Rei ofrece a todos os participantes admitidos pola organización:

- Un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo algún para os expositores ) ás persoas que non traían o seu propio posto.

- Comida gratuíta consistente nunha degustación de carne ao caldeiro e filloas.

- Ademais, todos os expositores admitidos pola organización participarán no concurso que premiará aos postos máis vistosos da feira.
Dentro da sección de artesanía establécense tres premios coas contías que seguen:

  • Primeiro de 200 €

  • Segunto de 100 €

  • Terceiro de 50 €


Dentro da sección de ALIMENTACIÓN está previsto un primeiro premio de 150 € e un 2º de 100 €.


Descargar bases do Concurso


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .