> Actualidade

19/04/2011 09:00

> RESULTADOS DAS COMPETICIÓNS CELEBRADAS NOS XX XOGOS DA MANCOMUNIDADE

Este pasado sábado día 16 celebráronse en Outeiro de Rei os “XX Xogos da Mancomunidade da Terra Cha” nos que participaron 300 rapaces e rapazas dos concellos de Cospeito, Abadín, Castro de Rei, Pastoriza e Outeiro de Rei.
As competicións tiveron lugar ao longo da mañá en diferentes disciplinas deportivas (fútbol-sala, atletismo, xadrez, tenis de mesa e baloncesto); pola tarde houbo tempo para gozar con inchables na praza do Concello onde ademais realizouse a entrega de trofeos para os gañadores que foron entregados polos alcaldes e varios concelleiros dos Concellos participantes.


As clasificacións por modalidades deportivas foron as seguintes: VER CLASIFICACIÓNS



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .