> Actualidade

09/03/2011 11:00

> ABERTA ATA O VENRES A MOSTRA DE PINTURA REALIZADA POR MULLERES

Onte, o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, acompañado da concelleira de servizos sociais, Sandra Abeledo, inauguraron na Casa da Cultura a exposición de pintura organizada pola entidade local co motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.
Nesta exposición participan un total de trece mulleres de diferentes parroquias do municipio que estiveron presentes, na súa maior parte, na inauguración.
Esta interesante mostra que inclúe traballos de diferentes técnicas e estilos, poderá ser visitada por todas as persoas interesadas en horario de 11:00 a 14:00h ata este venres día 11 de marzo.









Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .