> Actualidade

25/02/2011 10:00

> VISITA INSTITUCIONAL DO CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL AO MUNICIPIO DE OUTEIRO DE REI

Onte, ás 13:00h, o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, acompañado polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias foi recibido no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao.


Esta visita institucional obedece á petición realizada polo alcalde invitando ao Conselleiro a tratar “in situ” un tema de gran importancia para o sector agrícola do municipio como é o da concentración parcelaria solicitada á Xunta de Galicia para varias parroquias de Outeiro de Rei no ano 2005 .


O conselleiro comprometeuse a iniciar o estudo de viabilidade no que se aplicarán novos criterios co obxectivo de favorecer que as parcelas sexan de maior tamaño facilitando así a mecanización e a mellora das condicións de traballo. Tamén afirmou, que as accións de concentración serán máis sinxelas e máis rápidas, pensando sempre nas necesidades dos agricultores e non nunha reestruturación viaria da zona.


O conselleiro avanzou que está nova filosofía estará recollida na nova Lei de Concentración Parcelaria que previsiblemente será presentada pola Consellería neste ano 2011.


A concentración parcelaria prevista afectará ás parroquias de S. Félix de Paz, Arcos, Sobrada, San Lourenzo, Vilela, Matela, Folgueira e Taboi; a visita rematou cun percorrido polas mesmas.









Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .