> Actualidade

18/02/2011 12:00

> O CONCELLO ÚLTIMA PREPARATIVOS PARA UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE ENTROIDO

Con motivo da celebración do Entroido 2011, o Concello de Outeiro de Rei organiza por treceavo ano consecutivo un CONCURSO DE DISFRACES. A cita terá lugar o día 6 de marzo (domingo de entroido) a partir das 17:00h na Praza da Vila de Outeiro de Rei baixo carpa cuberta; a celebración estará amenizada pola orquestra ESTUDIO 73.

Poderán participar no concurso todas as asociacións, barrios, colexios e persoas que o desexen.

A inscrición dos participantes farase na Casa da Cultura na semana anterior á celebración, en horario 9 a 14:30h ou ben, o mesmo día do concurso, de 17:00 a 18:00h , aportando nome do disfrace, nome e apelidos e D.N.I.

Os menores de idade aportaran os datos da persoa que os representa .


Concederanse os seguintes premios por categorías:

A) COMPARSAS OU GRUPOS
1º PREMIO 400€
2º PREMIO 300€
3º PREMIO 200€

B) PARELLAS
1º PREMIO 200€
2º PREMIO120€

C) INDIVIDUAL
1ºPREMIO 150€
2ºPREMIO 100€

D) INFANTIL
1ºPREMIO 120€
2ºPREMIO 60€

Na sección servizos municipais- taboleiro de edictos desta web municipal están á disposición das persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición para participar no mesmo.


Igualmente, pódese acadar máis información sobre este tema na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 408.




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .