> Actualidade

08/02/2011 11:00

> O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN VARIAS DAS ACTIVIDADES DA PROGRAMACIÓN DESTINADA ÁS MULLERES

Onte tivo lugar a presentación de Actividades de Promoción da Muller 2011 nun acto ao que asistiu numeroso público, na súa maior parte mulleres do municipio, e que estivo presidido polo alcalde, José Pardo Lombao acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Sandra Abeledo Sánchez e persoal técnico do Concello.

Realizada a presentación, quedou aberto o prazo de inscrición ata o día 25 de febreiro para as seguintes actividades, a maioría previstas para o primeiro semestre do ano:



- TERAPIAS DE SAÚDE NO BALNEARIO
- TALLER DE RECUPERACIÓN E RENOVACIÓN DA ROUPA DO FOGAR (coxíns, cortinas, manteis, sabas…)
- COCIÑA (menús económicos para tempos de crise)
- DE FEIRA A PADRÓN


Igualmente, durante a presentación solicitouse a colaboración das mulleres do municipio interesadas en participar na II MOSTRA DE TRABALLOS REALIZADOS POR MULLERES. Na presente edición de actividades e con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Outeiro de Rei organizará unha exposición de pintura, que será inaugurada o 8 de marzo na Casa da Cultura de Outeiro de Rei.

Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno..: 982 393 408.

VER PROGRAMA DE ACTIVIDADES








Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .