> Actualidade

22/12/2010 16:00

> VISITA DO SUBDELEGADO DO GOBERNO AO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

O subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, visitou hoxe en compañía do alcalde do municipio, José Pardo Lombao e varios concelleiros , as obras do Plan E que se están a levar a cabo en Outeiro de Rei.
Estas obras son en concreto a construción dun depósito de cabeceira en Martul de 2000m3 por importe de 333.473,81 € e a instalación de placas fotovoltaicas en tres edificios de titularidade municipal cun presuposto de execución de 193737,99 €.
Trala chegada ao Concello de Outeiro de Rei ás 11:30h, o subdelegado percorreu as instalacións municipais e mantivo unha reunión co alcalde e membros da Corporación Municipal onde falouse do Plan e das citadas obras que segundo palabras do alcalde, estanse realizando con normalidade e dentro dos prazos previstos.
A continuación, a comitiva realizou unha visita ás mesmas.
Coa obra que se esta a levar a cabo en Martul, o Concello pretende mellorar a infraestrutura de abastecemento de auga existente nun municipio que está medrando e que polo tanto necesita garantir un subministro crecente.
A filosofía que impulsa ao Concello a realizar as obras de instalación de placas solares é dobre; por un lado neste momento de crise económica e de redución de fondos pretendese aumentar a financiación municipal a través da venda da enerxía que se produza e por outro, buscase contribuír ao desenvolvemento sostible, á eliminación de CO2 e á protección medioambiental a través desta enerxía alternativa.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .