Actualidade
22/07/2010 13:00
MANTENSE ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS DÚAS SAÍDAS PREVISTAS EN SETEMBRO DENTRO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER
Na tarde do venres 3 de setembro e dentro da iniciativa “Percorrendo Outeiro de Rei “, terá lugar unha camiñada pola ruta de sendeirismo “Camiño do Miño”, este ano realizarase o tramo comprendido entre o Caneiro da Trabanca e o Campo de Santa Isabel.
Esta é a oitava edición desta iniciativa organizada polo Concello e que cada ano permite visitar diferentes puntos da xeografía municipal; é unha iniciativa gratuíta e aberta á participación de calquera persoa interesada.
Por outro lado, o mércores 8 de setembro terá lugar unha viaxe á feira de Valença do Minho. Esta saída coincide coa celebración do tradicional mercado semanal desta localidade.
A saída está prevista para as 7:30h de diante da Casa do Concello e o custo por persoa é de 9€.
Tamén no mes de setembro e dentro da mesma programación, terá lugar o tradicional Ciclo de Charlas sobre Educación e Saúde que en breve será dado a coñecer.
Descargar Cartel PDF