> Actualidade

21/07/2010 11:00

> XXX EDICIÓN DA ROMAXE DE PENAS DE RODAS



A tradicional ROMAXE DE PENAS DE RODAS celebrarase en Gaioso o domingo día 1 de agosto.

A instancia da Asociación Cultural Penas de Rodas, organizadora deste evento, difundimos o programa da Romaxe para coñecemento das persoas interesadas:

XXX ROMAXE " PENAS DE RODAS"
GAIOSO - OUTEIRO DE REI
1 DE AGOSTO DE 2010


12,00 horas : Actuación da ESCOLA DE GAITAS PENAS DE RODAS
12,45 horas: Pregón a cargo de ARCADIO SILVOSA, (XORNALISTA)
13,00 horas : MISA CAMPESTRE.
14,00 horas : XANTAR ENXEBRE

TARDE:
XOGOS POPULARES PARA NENOS
Actuación de maxia a cargo de: BARAFUNDA ANIMACIÓN
Actuación do grupo de teatro de PENAS DE RODAS
Actuación da escola de GAITAS DE PENAS DE RODAS

Rematará a festa cunha QUEIMADA para TÓDOLOS SOCIOS E SIMPATIZANTES, ANIMADA POR MÚSICA DA TERRA.


Haberá á venda : Pan , empanadas , polbo e servicio de bar.

Organiza :

ASOCIACIÓN CULTURAL " PENAS DE RODAS

Colaboran:
CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO - ÁREA DE CULTURA
COORDINACIÓN TERRITORIAL DE CULTURA E MEDIO RURAL


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112