Actualidade
21/07/2010 08:00
PERMANECE ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR EN ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA AS PERSOAS MAIORES DO MUNICIPIO
Ata o 28 de xullo está aberto o prazo para inscribirse na actividade XIMNASIA DE MANTEMENTO que o Concello porá en marcha a partires do 1/09/2010. Esta actividade desenvolverase no Local B os mércores e venres comprendidos entre a citada data e o 15/12/2010, en horario de 18:00 a 19:00h.
Ximnasia de mantemento é unha das actividades incluídas dentro do Programa de Actividades para Persoas Maiores do Concello de Outeiro de Rei, programa presentado o pasado día 2/07/2010 polo alcalde, José Pardo Lombao, acompañado de varios membros do equipo municipal de goberno, na tradicional Festa dos Xubilados. Este evento tivo lugar, como é habitual, no Campo de Santa Isabel.
Este é o primeiro ano que o Concello de Outeiro de Rei pon en marcha unha programación pensada para as persoas maiores do municipio, programación na que tamén se inclúen as actividades TALLER DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA ( actividade que a data de hoxe xa está cuberta) e COIDA OS TEUS PÉS. Para este último caso, as persoas interesadas en ir á consulta dunha podóloga para temas relacionados coa saúde e coidado dos pés, deberán solicitalo no tfno. do Centro de Saúde, (982 393 267).
Este novo servizo funcionará o primeiro mércores de cada mes a partir do 1/09/2010 ata o 1/06/2011, establecéndose un límite de 8 pacientes por día. As persoas que desexen ir á consulta do mes de setembro deberán reservar praza no mes de agosto.
Todas estas actividades son gratuítas e se van cubrindo por rigorosa orde de inscrición.
Pódese acadar máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei.
http://outeiroderei.org/documentos/Programa_Actividades_Maiores.pdf