Actualidade
03/06/2010 11:00
MAÑA TERÁ LUGAR A FESTA DOS NENOS
O Concello de Outeiro de Rei organiza por doceavo ano consecutivo a Festa dos Nenos que terá lugar mañá venres día 4 de xuño a partir das 16:30h na praza da vila.
Nesta festa, os rapaces e rapazas do municipio poderán disfrutar de forma gratuíta de diferentes inchables durante toda a tarde e sobre as 19:00h terán unha merenda para recuperar forzas composta de diversas lambetadas.
Como remate do día, celebrarase a Festa da escuma, para a que se aconsella vir preparados con roupa para cambiarse porque a molladura pode ser grande.
» descargar cartel