Actualidade
25/05/2010 12:00
III Xornada de Condución Preventiva
O vindeiro 12 de xuño terá lugar a II Xornada de Condución Preventiva no circuíto de Karting de Outeiro de Rei, ofrecida de novo polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade.
A autoescola San Martín será a encargada de dirixir a un grupo de condutores nunha xornada práctica de condución preventiva para situacións de risco na que se abordarán: slalom e curvas, sistemas de seguridade, condución con avarías e efectos do consumo de drogas na condución.
Distribución en 2 grupos:
- 1º grupo: 15:00 a 18:00 horas
- 2º grupo: 17:15 a 20:30 horas
Se queres participar nesta xornada totalmente gratuíta apúntate no teléfono 982.390.062 ou en prevenciondrogas@rabade.org e deixa os teus datos persoais (nome e apelidos, teléfono, idade, domicilio).
Recorda: ¡as prazas son limitadas!
Ver cartel II Xornadas Condución Preventiva